Thursday 02 de May de 2024

Bergondo acollerá este venres o programa estatal ‘A administración preto de ti’


· A xornada celebrarase a partir das 11:30 horas no salón de plenos da casa do concello e os asistentes terán a posibilidade de obter o certificado electrónico.

· A sesión, organizada pola Subdelegación do Goberno en colaboración co Concello, está aberta ao público e asesorarase e resolverán dúbidas cos trámites e xestións máis habituais.

Bergondo acollerá este venres, 10 de marzo, a partir das 11:30 horas no salón de plenos da casa do concello, o programa ‘A administración preto de ti’, organizado pola Subdelegación do Goberno en colaboración no Concello de Bergondo.

Na xornada, aberta ao público, asesoraranse e resolverán dúbidas cos trámites e xestións máis habituais coa administración. Ademais, unha vez finalizada a charla, ofrecerase aos asistentes a posibilidade de obter un certificado electrónico, en concreto o que expide a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre xa que é o que dá maiores posibilidades de interacción coas administracións públicas.